Metodoloxía e Beneficios

¿Cal é a nosa metodoloxía e os seus beneficios?

Está comprobado que o período óptimo para a aprendizaxe de idiomas está nos primeiros anos de vida. Ademais, a eficacia da aprendizaxe depende non só de escoitar o idioma senón tamén de interactuar con el e comprobar a súa utilidade no día a día. Por esta razón, usamos un método activo, ameno e divertido, sempre dirixindo as nosas sesións cara un tema cotián, acompañado por actividades e exercicios dinámicos que aproveitan o interese que teñen os nenos por explorar o mundo que lles rodea, estimulando así a súa curiosidade innata a través dos 5 sentidos, dun xeito natural e espontáneo, potenciando as súas habilidades pero respectando o seu ritmo. Todo isto, acompañado da continua repetición e imitación, copiando sons e ritmos, e usando unha gramática intuitiva, o fan sen dúbida un método eficaz e exitoso. Así mesmo, recoñecemos que os pais forman unha parte integral da educación dos seus fillos, e por iso animámoslles non só a contribuír no asentamento da lingua senón tamén en formar unha parte esencial desta nova aventura.

Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte..
— Castelao