Centro Preescolar

Servizo Preescolar e Ciclo Infantil

Horario: de luns a venres, de 8:30h a 15:30h
Idades: de 2 a 6 anos

O proxecto e o Centro

Ofrecemos un proxecto educativo, centrado no xogo, dirixido por un profesorado involucrado no desarollo do noso communidad de niñ@s. Entendemos que o xogo é imprescindible para o desenvolvemento do neno na súa infancia, para navegar e explorar o seu mundo. Por iso buscamos un espazo adaptado e apto para a estimulación da imaxinación, animando aos pequenos a observar, investigar, cuestionar e traballar para que teñan mais e mellor contacto co mundo que os rodea. Sendo o xogo o elemento fundamental para transmitir valores sociais, para dar seguridade, para mellorar a autoestima e a autonomía e para negociar as normas sociais, concluímos que o neno que xoga: coñécese mellor a sí mesmo, e non só inventa posibilidades e situacións, senón que tamén as soluciona; séntese máis seguro, adquire habilidades e séntese orgulloso do froito do seu traballo. Nós comprometémonos cunha atención individualizada que estimule a curiosidade e axude aos nenos a expresarse.  E todo iso, nun ambiente unicamente plurilingüe.